Andrea de Cesaris, nado o 31 de maio de 1959 e finado o 5 de outubro de 2014, foi un piloto de carreiras italiano. Participou en 208 Grandes Premio de Fórmula Un, pero nunca gañou ningún, ten a marca da carreira máis longa sen unha soa vitoria. Unha serie de accidentes ao principio da súa carreira valéronlle o alcume de "Andrea de Crasheris ", fíxose coñecido por ser moi rápido, pero tamén tremendamente errático. Mantivo o alcume, malia que pasou a converterse nun piloto máis tranquilo e máis maduro na súa carreira posterior. En 2005 e 2006 competiu na fórmula Grand Prix Masters para pilotos de F1 retirados. Morreu o 5 de outubro de 2014, logo de perder o control da súa motocicleta na autoestrada de circunvalación de Roma.
Developed by StudentB